Caldo de castañas


caldo_castanas

 

INGREDIENTES

200 grs de fabas

Kilo e medio  de castañas

2 cebolas non moi grandes

1 dente de allo

2-3 patacas non moi grandes

3 culleradas de aceite

2 culleradas de vinagre.

PREPARACIÓN

  • Poñer as fabas a remollo a noite anterior.
  • Pelar as castañas e ferver en auga con media culleradiña de sal  10 minutos. Escoar e pelar. Cortar pola metade e reservar.
  • Nunha pota poñer  as fabas , auga con media culleradiña de sal para que as cubra abundantemente , 1 cebola enteira . Deixar que levante fervedura e  cunha escumadeira retirar a escuma. Deixar ferver uns 20 minutos.
  • Engadir as castañas e deixar cocer outros 10 minutos.
  • Poñer as patacas rotas en trozos pequenos dentro da pota e deixar cocer todo xunto polo menos media hora.
  • Facer un rustrido coa outra cebola moi picadiña e 3 culleradas de aceite. Engadir o vinagre. Deixar cocer un par de minutos e botar por enriba do caldo. Deixar cocer 5 minutos mais.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará