Ensalada de lentellas con hortalizas


Esta receita atopeina nunha revista de cociña e adapteina  un pouquiño aos meus gustos. E unha boa idea para comer lentellas de forma diferente. Ainda que é mais de verán tamén se pode comer morna e está igual de rica. É unha receita vexetariana

 

INGREDIENTES

(4 persoas )

450 grs lentellas cocidas

1 limón

1 tomate algo duro

150 grs queixo feta

100 grs olivas verdes sen óso

1 cenoria

1-2 mazás

medio pemento vermello pequeno

medio pemento verde pequeno

100 grs millo doce

uns talos de ceboliño

aceite e sal

PREPARACIÓN

  • Lavar e secar o limón. Relar a pel e expremer
  • Poñer nun bol a metade do zume, a reladura de limón, 100 ml. de aceite e unha pisca de sal.Bater manualmente ata emulsionar.
  • Desmiuzar o queixo, enxugar as olivas, escoar e partir en aros.
  • Limpar os pementos e  raspar a cenoria e lavar xunto co tomate. Secar e cortar en dados pequenos todo.
  • Enxugar o millo e escoar as lentellas e poñer nunha ensaladeira.
  • Agregar o resto dos ingredientes removendo con culler.
  • Cortar  as mazás peladas e descorazonadas en láminas e regalas co limón restante.
  • Aliñar coa mestura de limón e reladura, decorar coas láminas de mazá e ceboliño e servir.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *