Estas pobres mesas estaban feitas un desastre pero dinlles unha nova vida dándolles volta á encimera e cubríndoas cunha tea bonita.
Preparación
- Cortei un trozo de tea algo mais grande ca superficie da mesa, como uns 5 cm.
- Peguei a tea con cola á superficie da mesa e logo dinlle unha man de verniz transparente.
- Despois de secar dinlle outra capa de verniz e deixei secar outra vez, así ata darlle 6 capas.
- A continuación vernicei con outras seis capas máis pero lixando suavemente unha vez seca a capa anterior e antes de volver a darlle a seguinte capa.
- Por último quedaba recortar a tea que sobraba. Neste caso, pódese facer cun cúter ou simplemente rasgandoa con coidado, a man.
E así quedaron as dúas mesiñas que da xenio velas.