Nunca fixera galletas deste tipo pero tiña a fariña na casa e non sabía que facer con ela así que buscando na rede atopei no blog de Nany Román esta receita que me pareceu interesante e velai o resultado.
INGREDIENTES
200 grs fariña de castañas
100 grs Maizena
150 grs de manteiga de vaca clarificada
1 ovo
1 xema de ovo
100 grs azúcre
50 grs azúcre glas
pebidas de chocolate e azúcre para decorar
PREPARACIÓN
- Poñer nun bol : a fariña de castañas, a Maizena,o azúcre e o azúcre glas. Mesturar ben.
- Facer un oco no centro e poñer a manteiga cortada en anacos pequenos, o ovo e maila xema. Amasar ata conseguir unha masa suave e lisa.
- Tapar cun pano e deixar repousar media hora.
- Forrar a bandexa do forno con papel sulfurizado e prequencer a 180º.
- Estender a masa entre dúas láminas de film transparente ou papel de forno e estirar co rodo.
- Cun cortapastas ou un vaso da medida apropiada cortar as galletas. Colocar na bandexa do forno preparada, esparexer un pouco de azúcre sobre cada galleta e colocar un montonciño das pebidas de chocolate presionano coa man para que se fixen ben á masa.
- Fornear uns 15 minutos ou ata que estean doradiñas. retirar do forno e arrefriar nunha rexilla.
- Cando xa estean frías pódense gardar nun bote hermético. Conservanse ben bastantes días.