sopa de repolo , queixo e bacon


 

Na revista da Thermomix sempre atopo receitas moi axeitadas. Esta gustoume porque leva ingredientes moi socorridos e para un día de inverno como os que estamos tendo, entra moi ben.

A receita está posta para facer en Thermomix pero pódese facer da forma tradicional sen problemas.

Fíxenxe unha variante, en lugar do queixo Enmental relado, boteille  Comtè,  un queixo de vaca  francés que é bastante mais forte pero que na casa nos encanta. Podedes facer proba co queixo que vos guste.

INGREDIENTES

400 grs de repolo , limpo e cortado en trozos duns 5 cm

50 grs manteiga ( eu sustituína por aceite )

120 grs touciño afumado

pementa moida ao gusto. ( boteille da negra media culleriña de café )

1000 grs caldo de verduras

200 grs queixo Emmental relado

6 rebanadas de pan tostado ( cun bo pan  queda mellor )

PREPARACIÓN

  • Poñer no vaso 200 grs de repolo. Trocear 6 seg/vel 4. Retirar un bol e reservar.
  • Poñer os outros 200 grs de repolo  e facer o mesmo.
  • No vaso poñer a manteiga e o touciño, rustrir 7 min/120ºvel 1 xiro inverso.
  • Engadir o repolo e a pementa, refogar 10 min/120º/vel1/ xiro inverso.
  • Coa espátula remexer pola apertura dúas ou tres veces durante a coción sin destapar, só quitando o cubilete.
  • Prequencer o forno a 200 grs. con grill.
  • Engadir o caldo e programar 15 min/100º/vel1/xiro inverso.
  • Engadir 100 grs do queixo relado  e mesturar 15seg /xiro inverso/vel2.
  • Verter en cazolas de barro individuais ou nunha grande, colocar o pan tostado e esparexer o queixo restante por riba.
  • Gratinar 4-6 min

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Rich Text Editor, comment