No chat da Thermomix todo o mundo falaba marabillas desta tarta así que non quedou mais remedio que facela e catala para poder opinar con coñecemento de causa. E moi doada de facer e sempre sae ben. Ainda que se pode atopar este receita en internet, eu quixen tela aquí porque me gustou moitísimo e así a teño sempre da miña man. Esta é a aunténtica do restaurante La Viña de Donostia/San Sebastián
Sae unha tarta enorme e moi contundente. Pódese conxelar e antes de comela sácase do conxelador e deíxase desconxelar na nevera unhas 8 horas e depois a temperatura ambiente. Está deliciosa.
INGREDIENTES
1 kg de queixo tipo Philadelphia. Reny Picot ten unhas tarrinas de medio kilo que foron as que usei eu.
7 ovos
400 grs azúcre
1 cullerada e media de fariña
1/2 litro de nata
PREPARACIÓN
- Prequencer o forno a 220 ª
- Forrar con papel de cociña humedecido un molde desmoldable de 26 cm. E importante porque ao non levar base pódese pegar.
- Bater tódolos ingredientes xuntos.Verquer no molde e fornear 40 minutos.
- Retirar do forno e deixar arrefriar totalmente antes de desmoldar. Introducir na nevera.
- Queda mellor dun dia para outro ( se é posible )