Albóndigas de berenxena


A verdade é que foi unha sorpresa moi agradable atopar esta receita de PAULINA COCINA, polo menos para min que non son moi amiga destas verduras pero descubrín que quedan xenial nesta receita e pódense conxelar o que dá moito xogo . Ademais fanse nun momento, claro que tamén se comen nun momento do ricas que están.O que proba, repite. Grazas Paulina !!

INGREDIENTES

2  berenxenas tamaño mediano

1 taza de queixo relado (ao gusto )

1 taza de pan relado e máis pan para o rebozado.

2 claras de ovo

1 dente de allo

sal e pementa

unhas lonchas de mozarela

1 bote de 1/2 kilo  salsa de tomate

PREPARACIÓN

  • Cortar ao longo as berenxenas en lonchas finas, coa pel. Salgar e deixar unha media hora para que suden e perdan o amargor.
  • Lavar e secar ben cun  papel ou pano de cociña. Dorar nun pouco de aceite. Deixar arrefriar un pouco.
  • Triturar as berenxenas co dente de allo, o queixo, o pan relado  e sal  e pementa negra moida ao gusto ( media culleradiña de café )
  • Retirar a un bol e remexer mesturando coas duas claras de ovos. Ten que quedar unha masa moi homoxénea, compacta e facil de manexar coas mans.
  • Coas mans  humedecidas en auga facer as boliñas de tamaño dunha noz frande, pasar por pan relado e fritir por tódolos lados retirando a unha fonte cuberta con papel absorbente.
  • Nunha tixola poñemos a salsa de tomate ao lume e verquemos as albóndigas dentro simplemente para que collan o sabor, e colocámoslles por riba unhos trociños de mozarela en cada albóndiga.
  • E mentras facemos unha ensalada e xa está a comida lista !

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *