Galletas de laranxa estilo murciano


Menudo descubrimento, atopei estas galletas en internet, de varias formas diferentes e fixen  algunha variación para que quedaran ao meu gusto. A masa faise moi fácil e rápido; o que mais leva e facer a forma das galletas  e poñerlles o azucre e a reladura de limón por riba.

Foron un éxito. Leveinas a  testar a MULLER EN FORMA e foi un éxito total.

Aquí queda a miña versión deste doce tan rico que nas terras murcianas adoitaban facelo en Nadal e aquí facémolo cando nolo pide o corpo.

INGREDIENTES

675 grs. de fariña

240 grs de azucre

2 ovos

10 grs. levadura en pó ( Royal)

bicarbonato

1/2 vaso aceite de xirasol

1/2 vaso de zume de laranxa ou limón

reladura de laranxa / limón ao gusto

azúcre moreno para decorar.

PREPARACIÓN

  • Nun bol grande bater os ovos e o azucre.
  • Engadir o aceite, o zume,  a reladura de 1 laranxa/limón e remcer ben.
  • Incorporar a levadura e 3 culleradas de postre de bicarbonato.
  • Ir integrando toda a fariña pouco a pouco. A masa ten que desprenderse do bol. Pode necesitar mais cantidade dependendo da clase de fariña. Ten que poder manexarse ben coas mans.
  • Prequencer o forno a 180 º. Cubrir con papel de fornear unha bandexa.
  • Facer as galletas collendo porcións un pouco mais grandes que  unha noz , ir aplastándoas coas mans e colocalas encima da bandexa forrada. Deixar un pouco separadas para que non se peguen porque aumentan algo de tamaño.
  • Botar por riba un pouco de azúcre moreno e algo de reladura de limón/laranxa.
  • Fornear 20 ou 25 minutos dependendo do forno. Deben quedar doradiñas,

Merece a pena facelas ,comelas e  compartilas !

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *