Galletas de pueblo


Informo a  quen poda ler este blog, que as receitas que nel aparecen son todas das cousas ricas que vou facendo na miña casa e que nos gustan a todos. As veces son inventos meus ou receitas da miña nai, ou de amigas e outras veces son dos blogs de cociña nos que atopo algo que me gusta como é neste caso. Non quero que se me esquezan e vounas apuntando aquí.

Buscando a galleta perfecta ( como os surfeiros buscan a onda perfecta ), atopei en internet en Canal dulce, unha receita que resultou ser das mellores que teño feito e probado.

Gracias a Canal Dulce por ensinarnos a facer estas fantásticas galletas .

INGREDIENTES

700 grs fariña de trigo

240 grs azúcre

20 grs levadura química (Royal )

150 ml aceite de xirasol

150 ml leite desnatado

1 culleradiña de esencia de vainilla

2 ovos

Para pintar por riba as galletas :

auga

azucre

PREPARACIÓN

  • Nun bol grande poñemos a fariña, azúcre e a levadura. Mesturamos ben con culler de pau ou espátula.
  • Engadir o aceite, o leite, a vainilla e os ovos ( lixeiramente batidos)
  • Remexer ben coa culler e cando non se poda máis, seguir coas mans.
  • Esparexer fariña sobre a encimeira de traballo e verter a masa encima para seguir amasando a man ata que quede consistente e ben integrados tódolos ingredientes.
  • Prequencer o forno a 180º , calor enriba e abaixo.
  • Empezamos a facer as galletas collendo porcións non moi grandes de masa e estirandoa co rodelo ata que quede como de medio cm de ancho.
  • Cortamos tiras rectangulares de 4×7 cm  ou do tamaño que mellor nos conveña. Eu fixen de varios tamaños.
  • A cada galleta imoslle facer as líñas verticais presionando cun palillo de facer os pinchos. Presionaremos o suficiente para que quede a marca ben clara pero sen perforar a galleta.
  • Cubrimos a bandexa do forno con papel de fornear e imos colocando as galletas según as imos facendo. Pincelamos con auga e espolvorexamos con azucre.
  • Eu esparexín unhas con azúcre moreno e outras con sésamo.
  • Introducimos no forno e deixamos facer durante 15-20 minutos , ata que estean douradiñas.  Non tódolos fornos son iguais así que isto hai que comprobalo na casa de cada un. No meu necesitei 30 minutos para que quedaran ao meu gusto.. Mellor ir probando e ir dándolles mais tempo de 5 en 5 minutos.

Están para chupar os dedos !

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *