Fritos de coliflor


 

Receita familiar que se pode adaptar a verdura, chourizo, atún ou algún resto interesante que teñamos polo frigorífico,

Moi fácil de facer , o que máis tempo leva é facer a fritura.

INGREDIENTES

200 grs de coliflor cocida e desmenuzada.

2 ovos separadas as xemas das claras

150 gr de leite

200 grs de fariña

20 grs de Royal

PREPARACIÓN

  • Cocer e desmenuzar a coliflor. Reservar.
  • ater as claras a punto de neve e reservar.
  • Nun bol grande, bater as xemas, engadir o leite, e logo a fariña mesturada co Royal.
  • Cando estea ben mesturado engadir a coliflor reservada. Remecer ata integrar tódolos ingredientes.
  • Incorporar, cunha espátula e movementos envolventes as claras reservadas.
  • Quentar a fritidora ou un cazo pequeno con abundante aceite de oliva.
  • Ir botando pequenas culleradas da masa  e deixando espacio para que elas soas podan voltearse. Podemos axudar a dar a volta cun garfo.
  • Cando estean suficientemente dourados, retiramos a unha bandexa recuberta con papel absorbente.
  • E , listos para comer !

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *