Pastel de porros


Temos eiquí unha boa solución de reciclaxe que se nos ocorreu despois de ver na tele un programa de Jamie Olivier. Aproveitamos o que sobrou dun polo asado .Está impresionante.

 

INGREDIENTES

3 liscos de touciño entrefebrado, sen pel e troceados pequenos.

2.000 grs de porros, lavados, cun pouco da parte verde e troceados en aros finos.

2 ramiñas de tomiño

2 culleradas de aceite

sal, pementa negra moida

restos do polo desmenuzados ( uns 300 grs ou o que se queira )

2 culleradas de fariña

1000 grs de caldo vexetal

2 culleradas de queixo cremoso (tipo philadelfia )

1 culleriña de pementa branca.

1 lámina de follado adaptada á fonte que irá ao forno.

300 grs guisantes

 

PREPARACIÓN

  • Nunha pota grande bótase o aceite, os liscos de touciño e o tomiño. Dourar ata que se torre o touciño.
  • Engadir os porros, sal e pementa ao gusto. Remexer, tapar e cocer a lume lento 30 minutos remexendo de cando en vez.
  • Prequecer o forno a 180º
  • Engadir o polo, as 2 culleradas de fariña, o caldo vexetal, pementa branca ao gusto. Integrar todo e deixar cocer 10 minutos. Remexer de cada pouco.
  • Escurrir nun coador cun recipiente debaixo para recoller o líquido que solta e  reservar  este líquido.
  • Nunha fonte fonda de forno colocar a mestura de porros e polo,  estirada cubrir co follado deixando uns 3-4 cm por cada lado  para remeter por baixo do recheo para cerrar. Pintar con ovo batido.pinchar a masa por riba cun garfo para que non suba moito.
  • Intoducir no forno previamente prequencido e deixar uns 30 minutos ata que se vexa dourado o follado. O tempo dependerá do forno. 
  • Acompañar o plato cuns  guisantes cocidos e napar coa salsa dos porros reservada.

Merece a pena facela . É un plato de luxo pero pouco complicado de facer e ademais está riquísimo..

 

 

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *