As cabaciñas dan moito xogo para encher tanto con carne , peixe, soia texturizada …Pode resultar un plato vexetariano estupendo e tamén versión todo terreo.
Esta vez fixémolas con carne picada. Nunha hora na thermomix están listas pero tamén se poden facer ao estilo tradicional.
INGREDIENTES
RECHEO
3 cabaciñas algo grandes.
130 grs de carne picada
20 grs de salsa de soia
125 grs de cebola en trozos
160 grs de cenoira en toros pequenos
1 trociño de xenxibre pelado
40 grs aceite de oliva e 2 culleradas para dourar a carne.
35 grs sementes de xirasol ao natural
100 gr de tomate frito
pizca de pementa negra moida
1 culleriña de ourego seco
COCCIÓN DE CABACIÑAS E SALSA
100grs de cebola cortada en trozos grandes
1 dente de allo
20 grs aceite oliva
100 grs auga
pizca de pementa negra moida
50 grs queixo enmental relado
PREPARACIÓN
- Cortar as cabaciñas ao longo e baleirar con coidado de non estragar a pel. Reservar a pulpa e colocar as cabaciñas boca abaixo repartidas no varoma e na bandexa varoma.. Reservar.
RECHEO
- Picar a carne e fritir uns minutos cun pouco de aceite nunha tixola. Unha vez que estea dourada, engadir a soia e deixar un minuto mais. Reservar.
- Poñer no vaso a cebola, a cenoura, 100 grs da pulpa de cabaciña reservada, o xenxibre e o aceite.Trocear 4 seg /vel 5 e dourar 12 min /120º/vel1.
- Engadir a carne escoada, as sementes de xirasol,o tomate, pemento e o ourego. 5 min/100 º/coitelas invertidas/vel1.
- Verquer nun bol e reservar. Aclarar o vaso.
CABACIÑAS E SALSA
- Poñer no vaso a cebola o allo e o aceite 3 seg/vel5. Fritir 3 min/120º/vel1
- Engadir a pulpa de cabaciña restante. sofritir 3 min/120º/vel1.
- Engadir a auga cunha culler de postre colmada de caldo concentrado e a pementa.
- Colocar o varoma e progamar 15 min/ varoma/vel1 e triturar 1 min/ vel 10. Retirar o varoma.
- Prequencer o grill do forno a 220º C .
- Colocar as cabaciña nunha fonte de forno, encher co recheo. Cubrir coa salsa e esparexer o queixo relado por enriba.
- Fornear 5-10 min
Acompañar cunha ensalada de canónigos, rúcula e leituga.
E unha verdadeira delicia o ricas que están !