Este é un concentrado de caldo de verduras de Thermomix. Eu utilizoo coas comidas coma se fose esas pastillas de caldo comerciais. Unha culler de postre deste concentrado equivale a unha pastilla de caldo comercial para 0,5 litros. O concentrado pode conservarse durante meses no frigorífico sen nengún problema. Como se pode observar utiliza como axente conservante o sal, polo que, na maioria dos casos, non temos que engadir sal á nosa comida.
INGREDIENTES
- 100 gr. de apio cortado en anacos
- 250 gr. de cenoira cortada en anacos
- 100 gr. de cebola cortada en anacos
- 150 gr. de cabaciña cortada en anacos
- 100 gr. de tomate fresco cortado en anacos
- 1 dente de allo
- 50 gr. de setas frescas
- 1 folla de loureiro
- Unhas ramiñas de herbas frescas (albahaca, salvia, romeu só as follas)
- 4 ramiñas de perexil fresco
- 120 gr. de sal gorda
- 30 gr. de viño branco seco
- 1 culler sopeira de aceite de oliva virxe extra
PREPARACIÓN
- Poñer no vaso da Thermomix o apio, a cenoira, a cebola, o tomate, a cabaciña, o dente de allo, as setas, a folla de loureiro, as herbas fresacas e o perexil e trocear 10 seg/vel 7 con axuda da espátula. Coa espátula baixar os ingredientes hacia o fondo do vaso.
- Engadir o sal gordo, o viño e o aceite de oliva. Programar 35 min. /Varoma/vel 2 e no canto do cubilete, poñer o cestiño sobre a tapa para evitar salpicaduras. A mistura vai espesar e secarse bastante.
- Verter o concentrado en botes de cristal e gardar na neveira. Conservarase durante meses.