O outro día vendo un programa de cociña da TVE2 os Superalimentso de Jamie, vin como o cociñeiro Jamie Oliver elaboraba este delicioso e saudable prato de comida; polo que me puxen á faena de elaboralo. A verdade non me decepcionou pois resultou ser o que prometía un prato delicioso e ademais moi soudable.
INGREDIENTES
- 2 mazás
- 1 trozo de xenxibre de 1 cm
- 125 gr. de arroz integral
- 200 gr. de cenoiras pequenas
- 150 gr. de brócoli
- 22o gr. de solombo de porco
- 1 noz moscada para relar
- 8 follas de salvia fresca
- Aceite de oliva virxe extra
- 2 laranxas
- 2 culleres sopeiras de iogur natural (sen azucre)
PREPARACIÓN
- Cortamos as mazás en cuartos e retiramos o carozo. Pelamos e picamos o xenxibre e poñemos todo nunha pota con 200 ml de auga fervendo.
- Fervemos 10 minutos, removendo de cando en vez. A continuación vertemos o contido na pota, gardamos un pouco de auga da coción por se necesitamos diluir algo o puré resultante, e trituramos todo cunha batedora ata que estea homoxéneo. Reservamos.
- Cocemos o arroz seguindo as instrucións do paquete. Escurrimos e reservamos
- Pelamos a cenoiras e cocémolas ao vapor 20 minutos. Reservamos.
- Cocemos o brócoli ao vapor durante 5 minutos. Reservamos.
- Sazonamos o solombo con sal, e pementa negra.
- Raiamos una cuarta parte da noz moscada e restregamos ben as follas de salvia polos dous lados do solombo.
- Poñemos unha culler sopeira de aceite nunha tixola a lume medio, engadimos o porco e as cenoiras.
- Saltemos o solombo 4 minutos por cada lado segundo o seu grosor, ou ata que estea feito e dourado.
- Poñemos o solombo enriba dunha táboa e deixamos repousar uns minutos.
- Baixamos o lume ao mínimo, exprimimos o zume das laranxas por enriba das cenoiras e axitamos a tixola ata que queden ben cubertas. Deixamos cocer ata obter un glaseado almibarado.
- Cortamos o solombo e servimos co arroz, o brócoli e as cenoiras.
- Misturamos o iogur coa metade da salsa de mazá e servimos co solombo.