INGREDIENTES
Masa mai
- Preparamos unha masa mai con 100 gr. de auga + 100 gr. de fariña (no meu caso de trigo integral) + 100 gr. de masa mai = 300 gr.
Pan
- 200 gr. de masa mai. Aquí podedes ver como facer unha masa mai dende cero.
- 400 gr. de fariña de trigo (50% caaveiro + 50% callobre). Eu merqueina no muiño de Isabel.
- 100 gr. de fariña de trigo integral do muiño de Isabel.
- 10 gr. de sal
- 290 gr. de auga
Podedes usar estas fariñas ou usar a mistura que máis vos guste, con centeo, espellta …
- Mesturamos nun recipiente axeitado todos os ingredientes. Procuramos non botar toda a auga xunta deixaremos unha pouco e irmeos vendo segundo a fariña necesita máis ou non. Dependendo do tipo de fariña pode que non necesitemos botar toda a auga. Deberemos templar a auga un pouco e non engadila moi fria. Da masa mai só botamos 200 gr. pois temos que deixar 100 gr. para gardar na neveira para usar no próximo pan que fagamos.
- Cando estea todo mesturado e integrada toda a fariña deixamos repousar 30 minutos para que se efectue a autolisis.
- Pasado os 30 minutos pasamos ao proceso de amasado.
- Botamos un pouco de aceite na encimeira e nas nosas mans e procedemos a amasar dobrando a masa hacia dentro por un dos extremos, dámoslle a volta e facemos unha dobrez así durante 45 segundos. Deixamos repousar no recipiente durante 15 minutos. Este proceso facemolo catro veces.
- Deixamos repousar durante 4 horas nun lugar temperado. Ao final dese tempo a masa debería ter dobrado o seu volume. Se non é así tampouco pasa nada.
- Logo das catro horas de levado botamos un pouco de aceite na encimeira e nas mans e dobramos cara ao centro e dobrando todo ao redor da masa sen apretala moito para non quitarlle todo o aire, formando así o bolo. Deixamola repousar tres ou catro horas.
- Quentamos o forno a 250º . Mentras tanto botamos a masa enriba dun papel de forno -eu teño unha pedra de forno e boto o bolo enriba coa axuda dunha pa de madeira.
- Cando o forno estea quente procedemos ao grellado da masa (darlle uns cortes ao bolo de xeito trasversal por enriba e bastante profuntos, sen medo.
- Metemos o bolo no forno e vertemos na parte de abaixo do forno un vaso de auga o que provocará que saia vapor para hidratar a bolo no primeiro momento. Tamén podemos poñer a quentar nunha fonte unhas pedras volcánicas -poñer a fonte no forno ao principio para que collan a temperatura do forno- e botarlle a auga alí. Neste caso temos que quitar as pedras aos 10 minutos.
- Ir baixando 10 graos de cada pouco – cada 10 minutos aproximadamente- ata que o pan estea feito.
- Que aproveite
- A modo de resumo:
- Misturar
- Repouso 30 minutos
- Amasado 45 segundos, repouso 15 minutos
- Levado 4 horas
- Dobrado e formado
- Levado 3 horas
- Forno 250º
- Grellado
- Meter forno e botar auga
- Forneado durante 40 minutos baixando temperatura 10º cada 10 minutos