Pan de masa mai


 

INGREDIENTES

Masa mai

  • Preparamos unha masa mai con 100 gr. de auga + 100 gr. de fariña (no meu caso de trigo integral) + 100 gr. de masa mai = 300 gr.

Pan

  • 200 gr. de masa mai. Aquí podedes ver como facer unha masa mai dende cero.
  • 400 gr. de fariña de trigo (50% caaveiro + 50% callobre). Eu merqueina no muiño de Isabel.
  • 100 gr. de fariña de trigo integral do muiño de Isabel.
  • 10 gr. de sal
  • 290 gr. de auga

Podedes usar estas fariñas ou usar a mistura que máis vos guste, con centeo, espellta …

  • Mesturamos nun recipiente axeitado todos os ingredientes. Procuramos non botar toda a auga xunta deixaremos unha pouco e irmeos vendo segundo a fariña necesita máis ou non. Dependendo do tipo de fariña pode que non necesitemos botar toda a auga. Deberemos templar a auga un pouco e non engadila moi fria. Da masa mai só botamos 200 gr. pois temos que deixar 100 gr. para gardar na neveira para usar no próximo pan que fagamos.
  • Cando estea todo mesturado e integrada toda a fariña deixamos repousar 30 minutos para que se efectue a autolisis.
  • Pasado os 30 minutos pasamos ao proceso de amasado.
    • Botamos un pouco de aceite na encimeira e nas nosas mans e procedemos a amasar dobrando a masa hacia dentro por un dos extremos, dámoslle a volta e facemos unha dobrez así durante 45 segundos. Deixamos repousar no recipiente durante 15 minutos. Este proceso facemolo catro veces.
    • Deixamos repousar durante 4 horas nun lugar temperado. Ao final dese tempo a masa debería ter dobrado o seu volume. Se non é así tampouco pasa nada.
  • Logo das catro horas de levado botamos un pouco de aceite na encimeira e nas mans e dobramos  cara ao centro e dobrando todo ao redor da masa sen apretala moito para non quitarlle todo o aire, formando así o bolo. Deixamola repousar  tres ou catro horas.
  • Quentamos o forno a 250º . Mentras tanto botamos a masa enriba dun papel de forno -eu teño unha pedra de forno e boto o bolo enriba coa axuda dunha pa de madeira.
  • Cando o forno estea quente procedemos ao grellado  da masa (darlle uns cortes ao bolo de xeito trasversal por enriba e bastante profuntos, sen medo.
  • Metemos o bolo no forno e vertemos na parte de abaixo do forno un vaso de auga o que provocará que saia vapor para hidratar a bolo no primeiro momento. Tamén podemos poñer a quentar nunha fonte unhas pedras volcánicas -poñer a fonte no forno ao principio para que collan a temperatura do forno- e botarlle a auga alí. Neste caso temos que quitar as pedras aos 10 minutos.
  • Ir baixando  10 graos de cada pouco – cada 10 minutos aproximadamente- ata que o pan estea feito.
  • Que aproveite
  • A modo de resumo:
    • Misturar
    • Repouso 30 minutos
    • Amasado 45 segundos,  repouso 15 minutos
    • Levado 4 horas
    • Dobrado e formado
    • Levado 3 horas
    • Forno 250º
    • Grellado
    • Meter forno e botar auga
    • Forneado durante 40 minutos baixando temperatura  10º cada 10 minutos

 

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará