Rosquiñas de anís


Estes días que temos que estar confinados na casa por culpa do coronavirus, temos moito tempo que ocupar. Así que nos deu por facer rosquiñas de anís que había moito tempo que non faciamos. Aquí vai a receita.

INGREDIENTES

Para aproximadamente unhas 45 rosquiñas precisamos:

  • 1 ovo
  • 5o gr. de aceite (172 decilitro)
  • 50 gr. de leite (172 decilitro)
  • 7 culleradas de azucre
  • 3 ou 4 culleradas sopeiras de anís doce (licor)
  • 1/2 culler de postre de levadura en po (Royal)
  • 500 gr. de fariña
  • Aceite para fritir, eu utilicei de xirasol  para que non dea moito sabor
  • Azucre glas para esparexer por enriba

PREPARACIÓN

  • Bater o ovo
  • Engadir o aceite, o leite, o azucre e o anís.
  • Tamizar a fariña e engadirlle a levadura
  • Ir engadindo pouco a pouco a mestura de levadura e fariña
  • Traballar a masa ata que estean tódolos ingredientes ben integrados. Aproximadamente uns 15 minutos
  • Coas palmas das mans enfariñadas coller porcións da masa e formar as rosquiñas como se foran un lazo
  • Fritilas no aceite de xirasol. Na nosa casa gústanos que non queden brandas se non máis ben crocantes. Para que queden así hai que fritilas a lume baixo lentamente ata que  queden duriñas e crocantes. Ollo sen queimalas.
  • Botalas nun prato cuberto cun papel absorvente para quitar o exceso de aceite. Logo poñelas nunha fonte e esparexer a azucre glas por enriba. E listo, a comer !!!.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *