As madalenas son un clásico en todo momento e nas circunstancias que estamos a pasar casi é obrigado facelas para endozar un pouco as malas noticias.
INGREDIENTES
- 4 ovos enteiros
- 230 grs azúcre
- 230 grs aceite de xirasol ou oliva soave
- 300 grs fariña
- 1 sobre de Royal (ou 16 grs de levadura en pó )
- Gotas ou trociños de chocolate ao gusto.
PREPARACIÓN
- Nun bol bater os ovos.
- Engadir o azucre e seguir batendo.
- Incorporar o aceite. Remecer.
- Engadir a fariña mesturada co Royal.
- Prequecer o forno a 250 °
- Ir poñendo a masa nos moldes . Colocar 3-4 gotas de chocolate no medio de cada molde. Colocar as madalenas nunha bandexa de forno cuberta con papel de cociña.
- Meter ao forno, esperar 5 minutos e baixar a 210 °
- Cociñar uns 15 min dependendo do forno.