Plaid de patchwork


Houbo unha época que o Concello de Outeiro de Rei organizaba uns cursiños para o meu gusto fantásticos. O de patchwork foi outro dos que me máis me gustou.

Aprendimos as técnicas e fixemos moitas cousas. Unha das que más traballo me levou pero das que mais bonitas me parece é esta  colcha .

Faise primeiro un patrón coas medidas e as marcas de costura . Ese patrón pasase á flixelina e copiase a numerción porque é importante seguir a orde á hora de coser as tiras.

Cada peza  consta dun cadrado  de 3 x 3 cm  e despois vanse cosendo as tiras de 3 cm de ancho e do longo que corresponda a cada número.

Alternando os cores das telas  fanse catro pezas que se uirán para facer o cadrado grande. Os cadrados únense entre sí cunha tea diferente.

Unha vez cosido tódo isto a mán , colócase sobre unha guata fina que debemos pegar cun pegamento especial para telas, despois colocamos o forro e hilvanamos todo ben estirado.

E agora ben o mais entretido : acolchar, a man cun fío especial de acolchado, con puntada pequeniña como 2-3 mm. polo mesmo sitio que van as costuras.

Poñemos un ribete ao redore listo este plaid. 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará