Garbanzos con repolo


Esta receita de hoxe é algo moi sinxelo de facer e tamén moi rápido. Para eses días que non temos moito tempo para cociñar e queremos facer unha cómida rápida. Os garbanzos póñoos a remoño e logo méteos en bolsas de 300 gr. e gárdoos no conxelador. Así cando os quero usar xa están listos para cocer.

Ingredientes

  • 300 gr de garbanzos
  • 300 gr. de repolo
  • 1 cebola grande
  • 1 culler sopeira de cominos
  • 1 anaco de 1 cm de xenxibre fresco
  • 1 culler de postre de cúrcuma
  • 1 culler de postre de tomillo fresco
  • sal
  • 2 culleres sopeiras de aceite de oliva virxe extra

Elaboración

  • Poñemos auga na ola expres e cando comeze a ferver engadimos os garbanzos sen desconxelar. Cocemos durante 10 munitos no 1.
  • Poñemos a quentar o aceite e cando estea poñemos a sofrir os cominos. 
  • Engadimos a cebola picada en xuliana e fritimos a lume maino durante 10 minutes ata que estea ben feita.
  • Engadimos a cúrcuma. Coidado en non queimala pois amarga nese caso. Botamos o tomillo e o xenxibre e sofrimos un pouco
  • Botar o repolo. Misturar todo e cociñar a lume mino durante 15 minutos remellendo con frecuencia.
  • Engadimos os garbanzos e cociñamos todo xunto durante 12 minutos. E listo, a comer !!

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *