Fabas con cabaza


Ingredientes

  • 250 gr. de fabas brancas
  • 200 gr. de cabaza
  • 2 tomates maduros
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1/2 culleriña de cúrcuma 
  • un petisco de noz moscada
  • aceite de oliva virxe extra
  • sal

Preparación

  • Cocer as facbas na ola expres durante 10 minutos ( eu utilicei fabas frescas que tiña conxeladas, pero podense usar secas postas a remollo previamente).
  • Pelar a cabaza e cortala en dados. colocalos nunha fonte de forno, salgalos e esparexer por riba cun pouco de noz moscada.
  • Regar a cabaza cun pouco de aceite e asala no forno a 180º durante 15 minutos.
  • Pelar e cortar a cebola en anacos pequenos. Pelar e cortar os allos. Fritir os allos e a cebola nunha tixola con dúas culleradas sopeiras de aceite.
  • Botar a cúrcuma no sofrito de allo e cebola e engadir os tomates pelados e cortados en dados.
  • Incorporar as fabas xa cocidas e 1/2 litros da auga da cocción das fabas. Deixar cocer todo xunto durante 5 minutos.
  • Agregar a cabaza asada e servir.

 

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *