Este doce típico do Entroido é dos que mais me gustan ainda que é un pouco laborioso de facer. Para facelo fai falla un molde con forma de estrela, corazón ou flor. Cando eu era unha nena na miña casa non había ese molde, que tiña que ser feito a man por un artesán e non era doado conseguilo por iso cando chegaban estas datas recorríamos a veciña do lado que tiña un pero non sabía nin para que servía e sempre nolo prestaba. Moito mais adiante cando xa a miña filla era grandiña conseguin un molde e intentei facer as flores pola miña conta. Foi un desastre. non tiña receita , facía a ollo e así saía, cando conseguín unha masa medianamente decente, pegábaseme ao molde e non había maneira. Anos despois conseguin unha receta axeitada, merquei un molde mais moderno e por fin sairon ben.
Tamén quero agradecer a Luisa Vizoso , a nosa " guia" de thermomix que nos facilita o traballo dando bos consellos e poñendo a súa receita á nosa disposición. Eu fago algún pequeno cambio pero basicamente é o mesmo.
INGREDIENTES
- 160 grs fariña
- 250 grs leite desnatado
- 1 ovo
- 1 cullerada de azúcre
- pizca de sal
- reladura de limón
- 60 grs anís
- 1l. aceite de xirasol para fritir
PREPARACIÓN
- Poñer todo xunto nun bol e bater ben. Pódese facer en batedora ou se é na thermomix,1 min vel 5.
- Deixar repousar unha media hora. queda unha crema espesa .
- Nunha tixola fonda poñemos 1/2 l de aceite. botamos unha cásca de limón para aromatizar. Tamén se pode poñer un pau de canela.
- Poñemos o aceite a lume forte e colocamos o molde dentro para que colla ben calor.
- Remecemos a masa un pouco e vertémola nun cuenco no que podamos pousar o molde. Introducimos o molde ben quente na masa pero sen chegar ao borde. Coa calor a masa pegarase ao molde, introducimos este no aceite ben quente , esperamos uns segundos con el pegado ao fondo e logo levantamos para que se vaia soltando a flor , podemos axudar a soltala con moito coidado, cun garfo. Daremoslle volta para fritir polos dous lados e cando estea pasámola a unha fonte cuberta con papel absorbente .
- Cando estean frías espolvorexamos con azúcre glas
E listas para degustar !