A thermomix é un aparello que agora está moi presente nas nosas casas. Esta foi a funda que lle fixen para a da miña filla. O bolso de diante é moi práctico para gardar a mariposa e outros accesorios pequenos […]
Esta é unha pequena pizarra feita con tea especial para escribir con xiz. No lado esquerda leva uns pequenos bolsos ou petos para introducir etiquetas cos días da semana. A idea está pensada para un planificador de menús.
Esta idea de facer mitóns deuma unha "runner" que se chama Verónica. Dende aquí moitas grazas a Verónica porque estes mitóns fixeron felices a moitas rapazas que tiñan problemas para ter as mans quentiñas e ao mesmo tempo poder ter […]
Dous manteis individuais con vivo rosa e violeta feitos con tela plastificada de cakes. Non necesita forro e ao ser plastificado resulta moi cómodo para limpar. Ao poñerlle forma ovalada non temos problemas para facer as esquinas así que […]
Feito con tela sobrante dun arreglo dun edredón. Parecíame unha pena tirala e dándolle á cabeza ocorreúseme facer este estoxo para gardar os ganchillos. Non necesita forro xa que a tela e reversible. A goma serve para colocar os ganchillos. […]
Camiseta roxa con aplicación de costureira. Bordeando a aplicación leva unha pequena puntilla en negro. Polo revés da aplicación coloqueille un trociño de entretela adhesiva. Está cosido a máquina.