O surimi é un producto moi antigo de orixe asiático feito co peixe triturado, que se pode elaborar de xeito moi sinxelo. Eu, fñíxeno así e deu un resultado excelente. Sin ter que recurrir ao feito industrialmente e que na maioria dos casos está cheo de aditivos.
INGREDIENTES
- 200 gr. de pescada, ou calquera outro peixe que che guste
- 100 gr. de colas de lagostinos, gambas ou temén se pode prescindir
- 10 gr. de fariña de millo (maicena)
- 5gr. de sal
- 1 clara de ovo
- un pouquiño de viño branco, ou un viño olorose tamén lle vai ben
- pementa ao gusto
- pementón, para colorear os rolos
ELABORACIÓN
- Limpar o peixe de pel e espiñas.
- Cortar o peixe e machacalo cunha culler para extraer a maior cantidade de auga posible
- Poñer o peixe escurrido no vaso da thermomix xunto con todos os ingredientes triturar todo durante 5 segundos a velocidade 4 ata conseguir unha pasta fina e compacta
- Extender un anaco de papel flim exparexer un puco de pementón por riba do film e logo poñer unha porción da masa anterior e facer un rolo axudándose do film. Facer rolos ata rematar con toda a masa
- Poñer os rolos no recipiente varoma
- Botar 500 gr. de auga no vaso, colocar o varoma no seu sitio e programar temperatura varoma velocidade 2, 30 minuto
- Deixar arrefriar e logo quitar o film e cortar en rebandas para engadir a ensadas, pasta, guisos…
- Tamén os podemos conxelar para utiizar cando queiramos