Surimi caseiro


O surimi é un producto moi antigo de orixe asiático feito co peixe triturado, que se pode elaborar de xeito moi sinxelo. Eu, fñíxeno así e deu un resultado excelente. Sin ter que recurrir ao feito industrialmente e que na maioria dos casos está cheo de aditivos.

 

INGREDIENTES

  • 200 gr. de pescada, ou calquera outro peixe que che guste
  • 100  gr. de colas de lagostinos, gambas ou temén se pode prescindir 
  • 10 gr. de fariña de millo (maicena)
  • 5gr. de sal
  • 1 clara de ovo
  • un pouquiño de viño branco, ou un viño olorose tamén lle vai ben
  • pementa ao gusto
  • pementón, para colorear os rolos

ELABORACIÓN

  • Limpar o peixe de pel e espiñas. 
  • Cortar o peixe e machacalo cunha culler para extraer a maior cantidade de auga posible
  • Poñer o peixe escurrido no vaso da thermomix  xunto con todos os ingredientes triturar todo durante 5 segundos a velocidade 4 ata conseguir unha pasta fina e compacta
  • Extender un anaco de papel flim  exparexer un puco de pementón por riba do film e  logo poñer unha porción da masa anterior e facer un rolo axudándose do film. Facer rolos ata rematar con toda a masa
  • Poñer os rolos no recipiente varoma
  • Botar 500 gr. de auga no vaso, colocar o varoma no seu sitio e programar temperatura varoma velocidade 2, 30 minuto
  • Deixar arrefriar e logo quitar o film e cortar en rebandas para engadir a ensadas, pasta, guisos… 
  • Tamén os podemos conxelar para utiizar cando queiramos

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará