Pastel de cabelo de anxo


INGREDENTES

CABELO DE ANXO

  • 1 Cabaza cidra
  • Azúcre. A mesma cantidade  que o cabelo despois de cocido e escoado.
  • 1 limón
  • 1 pau de canela

PREPARACIÓN

  • Romper a cabaza en trozos golpeándoa contra o chan ou cun mazo, NON cortar con coitelo. Retirar as sementes. As que queden podense retirar despois de cocida.
  • Poñer a cocer nunha ola rápida cuberta con auga  ( 1 hora ) ou nunha convencional ( 2 ou 3 horas ).
  • Retirar do lume. Deixar arrefriar un pouco e retirar as sementes que poidan quedar. Separar a polpa da cortiza coas mans, procurando non romper os fíos. Colocar nun escoador. Gardar a auga de cocela nun xerra. 
  • Deixar escoar ben e pesar. Pesar a mesma cantidade se azúcre.
  • Poñer ao lume unha pota co azúcre, o zume dun limón, un pau de canela e 1 litro da auga de cocer. Deixar que vaia cocendo lentamente ata que tome un color dourado ( unha media hora ), e ir remexendo con culler de pau.
  • Engadir o cabelo e deixar cocer lentamente unha hora ou algo mais para que quede como prateado. Retirar e deixar arrefriar para empregar  ou ben, así quente,  introducir en botes de cristal con peche hermético e gardar.
  • Unha vez feito isto, que é o mais laborioso, pasamos a facer a masa.

INGREDIENTES MASA 

  • 750 grs fariña normal
  • 375 grs aceite de oliva
  • 187 grs anís
  • 94 grs Mistela

PREPARACIÓN

  • Nun bol colocar tódolos líquidos  e ir engadindo e remecendo a fariña . Cando non se poida mais, verquer na encimera e seguir amasando ata que non se pegue as mans. que quede unha masa manexable.
  • Dividir en dúas partes. unha un pouco mais grande  para poñer de base e facer o borde e a outra para a tapa.
  • Prequencer o forno, arriba e abaixo a 180 .
  • Estirar entre duas follas de papel de forno ou film transparente.
  • Nun molde de 24×35 cm.  aproximadamente, colocar a base e cubrir co cabelo de anxo ; poñer a tapa e cerrar os bordes como unha empanada.
  • Fornear. uns 35 min. O tempo depende do forno de cada un. Ten que quedar doradiño.
  • Cando retiremos do forno podemos botarlle por riba azucre glass e canela ao gusto.

Esta receta está inspirada na de Tere de Benifairó, na da señora Virtudes de Ortigueira e na de Fray Ángel Ramón Serrano da Hospedería dos Franciscanos do Santo Espíritu do Monte.

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará