Marañuelas asturianas


Este doce tan típico de Asturias facíase hai  moitos anos para os mariñeiros que estaban moito tempo no mar. As mulleres façian a masa e as formas na casa e logo levabanas cocer no forno do pobo. Para non confundilas , cada muller facía a súa forma e así as identificaban facilmente, por iso non son todas iguais.

INGREDENTES

  • 500 GRS DE FARIÑA  ( mais ou menos )
  • 100 GRS DE MANTEIGA A TEMPERATURA  AMBIENTE , BLANDIÑA.
  • 190 GRS DE AZÚCRE
  • 2 OVOS
  • 1 PETISCO DE SAL
  • 1 LIMÓN ( ZUME E RELADURA)
  • 80 ML.  ANÍS
  • 10 GRS LEVADURA QUÍMICA

PREPARACIÓN

  • Misturar azúcre e manteiga nun bol  grande. bater ben.
  • Engadir os ovos e o sal e seguir remexendo ben.
  • Engadir o anís, o zume do limón e a reladura. Mesturar.
  • Remexer a levadura coa fariña e integrar co anterior facendo unha masa consistente que poidamos manexar coas mans.
  • Dividir en en 16 trozos do mesmo peso e formar as marañuelas.
  • Para facer as formas faremos con cada trozo un rulo e o enrolaremos para dar a forma que queiramos. Para as trenzas, necesitaremos , do mesmo trozo, facer tres rulos para poder trenzar,
  • Prequencer o forno a 190 grados, arriba e abaixo.
  • Colocar sobre papel de forno nunha bandexa . Fornear 18-20 min dependendo do forno.Teñen que quedar blanquiñas por fora e ben cocidas por dentro.
  • Retirar do forno e deixar arrefriar sobre unha reixa.
  • Gárdanse moito tempo nun bote hermético en lugar seco.
  • Están moi ricas por iso non sei exactamente o tempo que se poden gardar porque damos conta delas en pouquiños días.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará