Garavanzos en salsa amarela


garavanzos

Esta é unha receita que xa facía miña nai e que non quero que se esquenza. Forma parte desas recetas da antigua cociña e que hoxe en día temos un pouco esquencidas.

INGREDIENTES

300 grs de garavanzos

1 cebola grandiña

2-3 cravos de olor

ramiña de pirixel

1 folla de loureiro

un pouquiño de sal

2 dentes de allo

3 ovos cocidos

200 grs de tacos de xamón ( opcional )

PREPARACIÓN

  • Poñer a remollo os garavanzos durante unhas 8 horas.
  • Escoar e poñer a cocer en auga quente.
  • Engadir a cebola, os cravos, o pirixel, o loureiro e o sal. Deixar cocer ata que estean os garavanzos ben cocidos.
  • Poñer a cocer os ovos en auga fría. Pódese botar un chorro de vinagre para que non abran. Deixar cocer 12 minutos dende que empeza a ferver. Deixar arrefriar. Pelar e poñer as xemas nun morteiro e as claras troceadas pequenas  nun prato .
  • Cando estean os garavanzos, retirar a cebola e botala no almirez coas xemas e cun par de culleradas do líquido de coción.
  • Machacar ben no morteiro  e verquer por riba dos garavanzos. Se vemos que a salsa queda moi líquida pódese machacar catro ou cinco garavanzos. Engadir o prebe á pota.
  • Engadir os trociños de clara picada en anacos pequenos.
  • Facer un rustrido con 3-4 culleradas de aceite e os dous dentes de allo e botar por riba.
  • Engadir os tacos de xamón, se queremos, e deixar cocer un par de minutos.
  • Servir ben quente.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *