Glorias de xema


xemas2

 

O nome xa o di todo : saben a groria. Este postre moi típico de Nadal e moi fácil de facer. Esta receita está na revista de Nadal de thermomix deste ano,  pero pódese facer a man.

INGREDIENTES

Mazapán

250 gr. de azúcre glas ( e un pouco mais para esparexer por riba)

250 gr de améndoa moida

60 gr de clara de ovo 

Crema de xema

100 gr de xema de ovo

150 gr de azúcre

50 gr de auga

15 gr de maizena

PREPARACIÓN

Mazapán

  • Poñer no vaso o azúcre glas e a améndoa moida. Triturar 15 seg / vel 6.
  • Incorporar 40 gr de clara de ovo e mesturar 20 seg / vel 6.
  • Retirar do vaso a unha bolsa de plástico e reservar no frigo unhas 4 horas.

Crema de xema

  • Lavar o vaso.
  • Poñer no vaso as xemas, o azúcre, a auga e a maizena. Programar 7 min 30 seg / varoma / vel 5.
  • Verquer nunha manga pasteleira e pechar ben. Deixar temperar e meter no frigo unhas 4 horas.
  • Lavar o vaso.

Montaxe

  • Prequencer o forno a 250 º C.
  • Forrar con papel de forno unha bandexa de forno. Reservar.
  • Poñer no vaso o mazapán desmenuzado e 20 gr de clara de ovo. Mesturar 15 seg / vel 6.
  • Verquer o mazapán sobre a encimera e dividilo en duas partes de uns 260 g.
  • Sobre unha lámina de film transparente formar 2 cilindros de 30 cm de longo. Extendelos ata formar un rectángulo de30 x 10 aproximadamente.
  • Poñer no centro e ao longo  de cada rectángulo un cordón de de crema de xema. Coa axuda do plástico, enrolar o mazapán montando un pouco os bordes. Xirar o rolo sobre a superficie de traballo para selar ben. Cortar  en porcións de uns 2 cm e colocalas nunha bandexa de forno.
  • Fornear 3-5 min a 250 ºC ata que se doren un pouquiño.
  • Retirar do forno, esparexer con azúcre glas e deixar arrefriar unha media hora.
  • Pódense servir ou gardar en reipiente hermético no frigo.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *