Xiba con fabolas


xiba con fabolas

Fabolas, fabas lobas, fabas de Maio … estas ricas fabas teñen ,moitos nomes , duran pouco tempo dende que aparecen a finais de abril e hai que aproveitar para cociñalas nos primeiros tempos xa que é cando están mais ricas.

INGREDIENTES

1 cebola grande picada miuda

2 dentes de allo picados

1 xiba limpa e troceada

1 vaso de viño Mencía

2 tomates troceados sen pel

1 cullerada de postre de concentrado de verduras caseiro

1 kgr de fabolas debulladas

PREPARACIÓN

  • Pochar a cebola e o allo ata que queden transparentes.
  • Engadir a xiba e dourala por todos lados uns 5 minutos.
  • Engadir o viño, deixar que evapore un pouco.
  • Engadir os tomates troceados e a cullerada de caldo concentrado ( isto é opcional)
  • Deixar 2-3 minutos a lume baixo.
  • Introducir as fabolas e deixar cocer a lume lento uns  30 minutos  . Comprobar o punto de coción e se fai falla deixalas uns minutos mais.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *