Pan de emerxencia


pan rapido2

Aos que vivimos na aldea as veces pasanos que necesitamos mercar algo e nos da pereza coller o coche para sair a buscalo. Esto pásame moitas veces nas que me quedo sin pan e non teño ganas de sair . Para solucionar este problema descubrin unha receita moi fácil e sobre todo moi rápida no  blog de Webosfritos e adopteina para as emerxencias. É facilísima e moi rápida así que non hai problema para facela na casa.

INGREDIENTES

310 grs fariña de forza .Vale a normal tamén.

175 grs auga a temperatura ambiente

20 grs de aceite de oliva

15 grs de lévedo de panadeiro fresca

5 grs de sal

PREPARACIÓN

  • Colocar nun bol grande a fariña e o lévedo desmigada no centro.
  • Engadir o aceite e a auga. Amasar uns 5 minutos e engadir o sal. Seguir amasando ata ter unha bola lisa.
  • Pincelar a bola de masa con aceite suavemente e esparexer fariña por riba.
  • Introducir nun molde redondo tipo pirex con tapa previamente untado con aceite.
  • Facer unha cruz un coitelo ben afiado, ou unha coitela.
  • Meter no forno FRÍO e poñelo a 220 º uns 45 minutos. Dependerá do forno.
  • Deixalo arrefriar nunha grella.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará