orellas de entroido


Despois de moitas probas esta é unha das receitas que mais me gustou. Quedan moi finas e crocantes e ainda aguantan ben un par de días, se lles das tempo. A receta é do blog de Luisa Vizoso, Cocinando para los mios. A receita é para thermomix pero pode facerse a man sen ningún problema.

 

 

INGREDIENTES

100 de anís

3 ovos

100 grs viño branco

100 grs manteiga de vaca clarificada

70 grs aceite de oliva

pel dunha laranxa e un limón sen nada de blanco

1 culleriña de sal

700 grs fariña

aceite para fritir ( eu usei xirasol)

azúcre glas para botar por riba unha vez fritidas.

PREPARACIÓN

  • Poñer no vaso o aceite. programar 4 min/varoma/vel 2. Cando chegue a temperatura varoma, metemos as peles da laranxa e o limón.
  • Engadir a manteiga e programar 30 seg/vel 7.
  • Engadir o viño branco, o anís e os ovos, 30 seg/ vel 4
  • Poñemos 400 grs fariña e a culleriña de sal, 1 min/ vel 6
  • Engadimos os 300 grs de fariña restantes e programamos 3 min vaso pechado e velocidade espiga.
  • Reitrar a masa soltando as coitelas se fora preciso.
  • Facemos as orellas estirando cun rodo para que queden o mais finas posible.
  • Quencer ben o aceite para fritir e facelo rápido xa que ao ser tan finas fanse rapidamente.
  • Retiramos a unha fonte cuberta con papel absorvente  e espolvorexamos co azúcre glas

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *