Solombo con cereixas


Estamos no tempo das cereixas e esta receita é moi axeitada para facer. Teno todo : non resulta cara, os ingredientes son doados de atopar, é moi sinxela de facer e queda espectacular.  Qué mais lle imos pedir ?

 

INGREDIENTES

4 filetes de solombo de porco , algo gordiños.

1/2 kg de cereixas , lavadas e sen rabo.

!/2 vaso de vermú

aceite, sal e pementa

PREPARACIÓN

  • Adobamos os filetes con sal e pementa ao gusto.
  • Fritir os filetes a lume vivo. Retirar e manter quentes no forno.
  • Na mesma tixola de fritir, poñer as cereixas a lume medio alto. Deixar medio minuto e engadir o vermú.Deixar ata que as cereixas vaian brandas e o vermú se reduza, uns 5 minutos.
  • Servir a carne acompañada das cereixas e a salsa.

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *