Vestido mariñeiro


 

Vin este vestidiño no número 2 da revista " Patrones Infantiles " e pensei no ben que lle axeitaria a Celia para estrearse na praia este verán. Os patróns veñen na revista e as indicacións para facer o vestido podedes velas en https://youtu.be/Q2Qmbug8sDo e para o cobrecueiro http://youtu.be7biceLwpDW1E

O lazo non queda tan longo pero pódese adaptar a lonxitude ao gusto de cada unha.

Eu o forro non o puxen como indican no vídeo porque pareceume moi lioso . A parte de unión do forro coa saia fixena pasando unha costura polo dereito.

Este vestido é a talla 24. Na revista están as tallas dende 1 mes ata 36 meses.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará