Andaba eu con que tiña que facer un prato de comida co bote de fabas en conserva que tiña na despensa e que se ia pasar de data. Así que púxenme á faena e saíu un prato bastante xeitoso. Mellor facelo con fabas de Lourenzá ao natural que penso que o prato gañará. Penso facelo así na próxima ocasión.
INGREDIENTES
- 1 bote de fabas en conserva (ou 500 gr cocidas)
- 150 gr. de cabaza
- 250 gr. de repolo
- 1 cenoria
- 1 culler de postre de cúrcuma
- 1 culler de postre de pementón
- un petisco de pementa
- 2 dentes de allo
- 1 cebola mediana
- 1 culler de postre de concentrado de verduras
- 2 culleres sopeiras de aceite
O concentrado de verduras faise segundo a receita que aparece no apartado de varios do bolg..
PREPARACIÓN
- Cocer o repolo ao vapor durante 15 minutos. Reservar
- Poñer a cabaza, cortada en cadradiños, nunha fonte de forno e regar cun pouquiño de aceite. Asar no forno 15 minutos a 180 º. Reservar.
- Pochar a cebola. o allo e a cenoria en dúas culleres sopeiras de aceite.
- Cando a cebola estea pochada engadir a cúrcuma e o pementon. Dourar un pouquiño e logo engadir dous vasos de auga.
- Engadir a pementa e a culler de concentrado. Deixar que coza todo xunto durante 15 minutos.
- Triturar todo cunha batedora. Quedará unha salsa espesa.
- Engadir as fabas, o repolo e por último os anacos de cabaza. Deixar ferver todo xunto 5 minutos e servir a continuación.