Lomo de porco á laranxa


Esta é unha receita que pode facer calquera, xa que é moi sinxela de facer e precisa de poucos ingredientes.

 

INGREDIENTES

  • Unha peza de lomo (500 gr.)
  • O zume de 2 laranxas
  • Dúas culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe extra
  • 1 dente de allo
  • 1 cebola
  • 50 gr. de viño branco
  • 2 vasos de auga
  • Sal e pementa ao gusto

PREPARACIÓN

  • Nunha tixola cun pouco de aceite douramos a peza de lomo por todo os lados. Reservamos.
  • Picamos finamente a cebola e o allo, engadimos  dúas culleradas sopeiras do aceite de dourar o lomo e sofrimos todo a lume medio ata que a cebola estea ben brandiña.
  • Engadimos ao sofrito o vaso de viño e cocemos todo ata que se evapore o alcohol do viño, uns 5 minutos.
  • Engadir o zume de laranxa e  a auga, podemos engadir máis auga se vemos que a necesitamos.
  • Engadir o sal e a pementa.  Eu engadin unha culler de postre do concentrado de caldo de verdura e neste caso non engadín o sal pois este preparado leva moito sal e non se precisa salgar máis.
  • Engadir o lomo e deixamos cocer todo xunto durante 40 minutos.
  • Cando estea cocido o lomo quitamolo e trituramos a salsa coa batedora.  A continuación volvemos incorporar o lomo e deixamos cocer 5 minutos. Se queremos podemos espesar a salsa engadindo unha culler de maicena.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *