Lentellas con luras


Este prato faise moi rápido. Non da ningún traballo e sae moi rico. Non necesitamos botarlle azucre pois coas cenorias xunto coa cabaza é suficiente para quitar o amargor do tomate.

INGREDIENTES

  • 180 gr. de lentellas pardinas postas a remollo o día anterior e
  • 100 gr. de cabaza
  • 1 vaso de auga
  • 300 gr. de luras
  • 2 dentes de allo
  • 2 follas de loureiro secas
  • 1 cebola
  • 2 culleres sopeiras de aceite de oliva virxe extra
  • 1 culler de postre rasa de pementón
  • 1 vaso de tomate triturado
  • sal
  • Dúas cenorias medianas

PREPARACIÓN

  • Cortar a cebola  e  o allo en anaquiños pequenos e sofritir 5 minutos
  • Engadir o tomate, xunto coa cabaza e as cenorias e sofritir todo uns 6 minutos
  • Engadir as luras e o pementón e refogar 5 minutos
  • Incorporar o loureiro, a auga e o sal ( eu botei concentrado de verduras caseiro  no canto de sal) e as lentellas escurridas.
  • Cociñar durante 30 minutos e listo.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *