Esta é unha receita que xa facía miña nai e que non quero que se esquenza. Forma parte desas recetas da antigua cociña e que hoxe en día temos un pouco esquencidas.
INGREDIENTES
300 grs de garavanzos
1 cebola grandiña
2-3 cravos de olor
ramiña de pirixel
1 folla de loureiro
un pouquiño de sal
2 dentes de allo
3 ovos cocidos
200 grs de tacos de xamón ( opcional )
PREPARACIÓN
- Poñer a remollo os garavanzos durante unhas 8 horas.
- Escoar e poñer a cocer en auga quente.
- Engadir a cebola, os cravos, o pirixel, o loureiro e o sal. Deixar cocer ata que estean os garavanzos ben cocidos.
- Poñer a cocer os ovos en auga fría. Pódese botar un chorro de vinagre para que non abran. Deixar cocer 12 minutos dende que empeza a ferver. Deixar arrefriar. Pelar e poñer as xemas nun morteiro e as claras troceadas pequenas nun prato .
- Cando estean os garavanzos, retirar a cebola e botala no almirez coas xemas e cun par de culleradas do líquido de coción.
- Machacar ben no morteiro e verquer por riba dos garavanzos. Se vemos que a salsa queda moi líquida pódese machacar catro ou cinco garavanzos. Engadir o prebe á pota.
- Engadir os trociños de clara picada en anacos pequenos.
- Facer un rustrido con 3-4 culleradas de aceite e os dous dentes de allo e botar por riba.
- Engadir os tacos de xamón, se queremos, e deixar cocer un par de minutos.
- Servir ben quente.