Empanadillas de verdura e algas


empanadillas

INGREDIENTES

  • Masa para empanadillas.  A mesma que a da empanada de xoubas.
  • 2 cebolas  grandiñas
  • 1 berenxena non moi grande
  • 1 calabacín
  • 100 grs de setas ao gusto
  • 2 culleradas  de algas espagueti de mar postas a hidratar nunha taza de auga uns 20 minutos.

PREPARACIÓN

  • Preparar a masa e mentres leveda , facer o recheo.

RECHEO

  • Poñer a pochar a cebola nunha tixola con suficiente aceite. Engadir a berenxena,  e o calabacín picados en cubiños pequenos . Deixar pochar catro ou cinco minutos.
  • Engadir as setas troceadas en anacos pequenos. Deixar pochar dous ou tres minutos.
  • Incorporar as algas e deixar uns minutos máis. Reservar .
  • Mentres arrefría o recheo imos preparando a masa estirándoa ben.
  • Cortamos círculos cun cortapastas ou coa forma preferida e imos colocando o recheo  e cerramos apretando cos dedos e despois cos dentes dun garfo para que quede ben cerrado.
  • Pódense fritir en abundante aceite ben quente ou no forno a 180 graos arriba e abaixo , 30 minutos.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará