Árbores en inverno


 

Gustoume esta idea que vin na rede e aproveitando restos de lá que tiña pola casa púxenme a ganchillar para os meus arboriños.

O magnolio viste capa feita cos clasicos cuadriños de colores que se facían e ainda se fan para moitas labores manuais. únoos cunha agulla gorda e lá.

A moreira e o pradairo levan algo mais informal, semellando teas de araña. moi facicliño de facer: oito cadenetas, cerrar e logo ir facendo un pilar catro cadenetas. repetir 7 veces.En total oito arcos. Sobre eses  arcos seguir facendo pilares de punto alto e cadenetas, aumentando en cada volta duas cadenetas.

Quedará así:

  • 1º volta oito arcos separados por 4 cadenetas.
  • 2º volta oito arcos separados por 6 cadenetas
  • 3º volta oito arcos separados  por 8 cadenetas,
  • E así continuar ata ter sete ou oito voltas. 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *