Pololo, gorro e patucos de bebé


Como non son avoa titular gústame buscar sempre algunha pequerrecha que me faga de neta postiza, pero só ata os tres anos, despois xa non me prestan tanto e así , pequeniñas gústame facerlles vestidiños e cousiñas guapas.

Esta vez tocoulle a Celia, unha bonequiña preciosa que ten agora 6 meses. Para fixen o que nunca fixera: un pololo de lá co gorriño e os patucos a xogo. Como nunca fixera nada diso para os bebés recurrín a unha revista que me prestaron na tenda das las. para os patucos, coma sempre, busquei en internet e o gorro fíxeno medindo por unha boneca que teño dende hai mais de 50 anos.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará