Barriñas enerxéticas


Hoxe levei ao entreno unhas barriñas enerxéticas que foron todo un éxito polo que a petición das Mulleres en Forma , decidín poñer aquí a receita para que todas poidan disfrutar de algo tan rico como esta receita de Eva Arguiñano.

Mulleres,  a meterse un pouco na cociña e logo a disfrutar comendo algo rico , sano e nutritivo.

INGREDIENTES

100 grs de figos secos

100 grs de cirolas pasas

50 grs avea en copos finos

125 grs de noces peladas

50 grs chocolate negro

 

PREPARACIÓN

  • Trocear en cuartos os figos e as cirolas. Colocar nunha picadora. Engadir a avea e as noces. Triturar uns 3 minutos ou ata que estea todo ben picado.
  • Pasar esta mestura a un bol e relar o chocolate . Amasar  a man ata que os ingredientes se mesturen ben.
  • Colocar esta masa entre dous papeis de forno  e estirala cun rodo de cociña ata conseguir un rectángulo de 3 cm de grosor. 
  • Meter no frigorífico un mínimo de media hora.
  • Retirar e ir cortando as barriñas en rectángulos ou dándolles forma coas mans, como se foran croquetas.
  • Envolver cada unha en papel de seda ou film transparente, meter nun túper e gardar no frigorífico .

Por suposto, xa se poden comer sen esperar mais tempo, antes de metelas no frigo.

Bo proveito !

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *