Esta é unha das fantásticas receitas de revista thermomix un pouco adaptada á verdura da época e ao noso gusto.. Neste caso empreguei o kale porque era o que tiña na horta e nada mellor que sair ao terreo a buscar a verdura para cociñar.
INGREDIENTES
60 grs queixo parmesano
3 dentes de allo
60 grs de porros
50 grs aceite oliva
media culleriña de café de semente de fiuncho
unha pizca de sal
pementa ao gusto
100 grs pan relado
500 grs de leite de améndoa
500 grs de carne de pavo picada
400 grs de fabas cocidas
200 grs de kale
PREPARACIÓN
- Cocer previamente as fabas ou empregar fabas en conserva xa cocidas. Picar a carne.
- Relar o queixo parmesano. 10 seg /vel10. Reservar.
- Poñer no vaso os allos e os porros e trocear 5 seg/vel5.
- Incorporar 20 grs de aceite a metade do fiuncho, un chisquiño de sal e un pouco de pementa. Sofreir 5 min/120º/vel1. Engadir 50 grs de pan relado, 60 grs do leite de améndoas, a carne picada, 20 grs do queixo que relamos , un pouco de sal e pementa.Mesturar 15seg vel 4 inversa.
- Formar as albóndigas coas mans e rebozalas en pan relado. Reservar.
- Poñer no vaso 440 grs de leite de améndoas, un pouco de fiuncho, e unha belisco de sal. Colocar as fabas no cestiño e poñer éste no seu sitio. Colocar o kale, lavado e troceado, no varoma e programar 10 min/100º/vel 2.
- Mentres, fritir en abundante aceite as albóndigas. Retirar case todo o aceite e verquer o contido do vaso, deixar cocer 4-5 min a lume lento.
- Nunha fonte colocar as albóndigas, engadir as fabas e o kale e espolvorexar con resto do parmesano.
Mentres fritir as albóndigas en abundante aceite
Está impresionante !