Biscoito recheo de confitura de boniato


Esta receita atopeina nunha páxina de internet e gustoume porque non leva aceite nin manteiga e queda fenomenal. Tiña na casa confitura de boniato de facer os pasteliños e ocorreúseme rechear o biscoito con ela. 

Quedou xenial. E moi doado de facer e pódese rechear con nata , chocolate ou outra confitura ao gusto.

INGREDIENTES

6 ovos

300 grs azúcre

250 grs iogur

300 grs fariña

10 grs levadura en pó

4 grs sal

reladura de limón ou laranxa

PREPARACIÓN

  • Dispoñer un molde de 26 cm. untar con aceite, forrar con papel de forno e volver untar con aceite.
  • Prequencer o forno a 175º.
  • Bater as 6 claras a punto de neve. Cando casi estean engadir a metade do azúcre ( 150 grs ). Reservar.
  • Nun bol grande bater as xemas coa outra metade do azúcre. Engadir o iogur e seguir batendo. Mesturar a fariña coa levadura , tamizar en engadir á mestura das xemas. Mesturar ben. Engadir un chisquiño de sal e a reladura de limón.
  • Incorporar as claras e remecer soavemente para que no se baixen.
  • Verquer  a mestura no molde. Introducir no forno e deixar cocer uns 45 minutos, depende do forno. Comprobar un pauiño se sae limpo.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *