Estamos no tempo das cereixas e esta receita é moi axeitada para facer. Teno todo : non resulta cara, os ingredientes son doados de atopar, é moi sinxela de facer e queda espectacular. Qué mais lle imos pedir ?
INGREDIENTES
4 filetes de solombo de porco , algo gordiños.
1/2 kg de cereixas , lavadas e sen rabo.
!/2 vaso de vermú
aceite, sal e pementa
PREPARACIÓN
- Adobamos os filetes con sal e pementa ao gusto.
- Fritir os filetes a lume vivo. Retirar e manter quentes no forno.
- Na mesma tixola de fritir, poñer as cereixas a lume medio alto. Deixar medio minuto e engadir o vermú.Deixar ata que as cereixas vaian brandas e o vermú se reduza, uns 5 minutos.
- Servir a carne acompañada das cereixas e a salsa.