Fabas con verduras


Andaba eu con que tiña que facer un prato de comida co bote de fabas en conserva que tiña na despensa e que se ia pasar de data. Así que púxenme á faena e saíu un prato bastante xeitoso. Mellor facelo con fabas de Lourenzá ao natural que penso que o prato gañará. Penso facelo así na próxima ocasión.

 

INGREDIENTES

  •  1 bote de fabas en conserva  (ou 500 gr cocidas)
  • 150 gr. de cabaza
  • 250 gr. de repolo
  • 1 cenoria
  • 1 culler de postre de cúrcuma
  • 1 culler de postre de pementón
  • un petisco de pementa
  • 2 dentes de allo
  • 1 cebola  mediana
  • 1 culler de postre de concentrado de verduras
  • 2 culleres sopeiras de aceite

O concentrado de verduras faise segundo a receita que aparece no apartado de varios do bolg..

PREPARACIÓN

  • Cocer o repolo ao vapor durante 15 minutos. Reservar
  • Poñer a cabaza, cortada en cadradiños, nunha fonte  de forno e regar cun pouquiño de aceite. Asar no forno 15 minutos a 180 º. Reservar.
  • Pochar a cebola. o allo e a cenoria en dúas culleres sopeiras de aceite.
  • Cando a cebola estea pochada engadir a cúrcuma e o pementon. Dourar un pouquiño e logo engadir dous vasos de auga.
  • Engadir a pementa e a culler de concentrado. Deixar que coza todo xunto durante 15 minutos.
  • Triturar todo cunha batedora. Quedará unha salsa espesa.
  • Engadir as fabas, o repolo e por último os anacos de cabaza. Deixar ferver todo xunto 5 minutos e servir a continuación.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *