Esta é unha receita que pode facer calquera, xa que é moi sinxela de facer e precisa de poucos ingredientes.
INGREDIENTES
- Unha peza de lomo (500 gr.)
- O zume de 2 laranxas
- Dúas culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe extra
- 1 dente de allo
- 1 cebola
- 50 gr. de viño branco
- 2 vasos de auga
- Sal e pementa ao gusto
PREPARACIÓN
- Nunha tixola cun pouco de aceite douramos a peza de lomo por todo os lados. Reservamos.
- Picamos finamente a cebola e o allo, engadimos dúas culleradas sopeiras do aceite de dourar o lomo e sofrimos todo a lume medio ata que a cebola estea ben brandiña.
- Engadimos ao sofrito o vaso de viño e cocemos todo ata que se evapore o alcohol do viño, uns 5 minutos.
- Engadir o zume de laranxa e a auga, podemos engadir máis auga se vemos que a necesitamos.
- Engadir o sal e a pementa. Eu engadin unha culler de postre do concentrado de caldo de verdura e neste caso non engadín o sal pois este preparado leva moito sal e non se precisa salgar máis.
- Engadir o lomo e deixamos cocer todo xunto durante 40 minutos.
- Cando estea cocido o lomo quitamolo e trituramos a salsa coa batedora. A continuación volvemos incorporar o lomo e deixamos cocer 5 minutos. Se queremos podemos espesar a salsa engadindo unha culler de maicena.