Este prato faise moi rápido. Non da ningún traballo e sae moi rico. Non necesitamos botarlle azucre pois coas cenorias xunto coa cabaza é suficiente para quitar o amargor do tomate.
INGREDIENTES
- 180 gr. de lentellas pardinas postas a remollo o día anterior e
- 100 gr. de cabaza
- 1 vaso de auga
- 300 gr. de luras
- 2 dentes de allo
- 2 follas de loureiro secas
- 1 cebola
- 2 culleres sopeiras de aceite de oliva virxe extra
- 1 culler de postre rasa de pementón
- 1 vaso de tomate triturado
- sal
- Dúas cenorias medianas
PREPARACIÓN
- Cortar a cebola e o allo en anaquiños pequenos e sofritir 5 minutos
- Engadir o tomate, xunto coa cabaza e as cenorias e sofritir todo uns 6 minutos
- Engadir as luras e o pementón e refogar 5 minutos
- Incorporar o loureiro, a auga e o sal ( eu botei concentrado de verduras caseiro no canto de sal) e as lentellas escurridas.
- Cociñar durante 30 minutos e listo.