Empanada de sardiñas 2


Nesta época de confinamento temos máis tempo para planear as nosas comidas.  Teño feito moitas empanadas  con moitos tipos de masa , esta vez copieille un truco a Arguiñano que lle da un toque especial :

INGREDIENTES

  • 400 fariña de trigo Caaveiro
  • 190 grs auga morna
  • 10 grs levadura panadeiro
  • 4 culleradas aceite de oliva
  • sal e unha culleriña de postre de pementón doce.

RECHEO

  • 2 Cebolas medianas.  picadas non moi miudo
  • Medio pemento verde  picado
  • 1 bote pequeno de salsa de tomate caseira
  • 2 latas de sardiñas en aceite de oliva
  • sal
  • 1 ovo para pintar a masa

PREPARACIÓN

  • Nun bol grande poñemos a fariña, a levadura desfeita en cachiños, a auga, o aceite, sal ao gusto e o pementón.
  • Remexer con culler de pau e cando non se poda mais, volcar na encimera e seguir amasando coas mans  ata conseguir que a masa estea lisa e mesturados todos os ingredientes. Tapar con film transparente ou pano de cociña limpo e húmido e deixar que fermente ata doblar o tamaño , mais ou menos unha hora.
  • Mentres preparamos o amoado.
  • Poñemos 3 culleradas de acite nunha tixola. Damos calor e cando estea botamos a cebola picada. Procuramos que se vaia cociñando a lume non moi forte para que quede pochada e non fritida. Cociñamola uns 3 minutos e engadimos  o pemento verde. Seguimos pochando outros 5 min e engadimos a salsa de tomate. Cociñamola 6-7 min e retiramos do lume
  • Mentres se vai pochando todo,  eu quítolle a espiña ás sardiñas pero pódense botar enteiras.
  • Cando a masa estea no seu punto volcámola na encimeira enfariñada. Dividimos a masa en dúas partes , unha un pouco mais grande para poñer de base e outra mais  pequena para poñer de tapa.
  • Nunha bandexa de forno poñemos papel de forno e colocamos  o trozo mais grande , previamente estirado co rodo. Encima colocamos o amoado de cebola e tomate e por riba repartimos as sardiñas troceadas. Cubrimos co trozo pequeno de masa tamén estirado co rodo e imos facendo o borde dando volta á masa de base e apretando contra a masa de tapa para que quede ben selada.
  • Pintamos cun ovo batido e facémoslle unha cheminea no centro .
  • Forno prequencido a 200º . Fornear durante uns 30 – 35 min, dependendo do forno.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *