Tortilla campesiña


Cando estaba no colexio de Présaras, faciamos moitas excursións cos rapaces. Eran saidas á praia, a ver outras cidades  ou a algún sitio interesante. Cada cativo levaba a súa comida e os profes organizábamonos para levar entre todos. O mellor recordo desas comidas ( a parte da xente, que iso era o mellor ) , é  a tortilla campesiña de Guillermina.

Con esto de estar tanto tempo na casa deume a morriña e acordeime dos bos tempos e , claro, da tortilla.

Fixemola para  recordar.

INGREDIENTES

  • 1 cebola picadiña
  • 1 cenoria picada en lonchas finas
  • 1 pemento verde picado
  • 1 chourizo ben picadiño
  • 150grs de guisantes cocidos
  • 3 patacas grandiñas
  • piza de sal e unhas gotas de tabasco
  • 6 ovos

PREPARACIÓN

  • Pelamos e troceamos as patacas para tortilla, non moi grosas.
  • Nunha tixola poñemos a quencer aceite suficiente para fritir as patacas. O aceite sobrante poderase gardar para outro uso. non poñer o lume moi alto.
  • Botamos primeiro as patacas, deixamos fritir un pouco e engadimos a cebola, logo a cenoria, o pemento e o chourizo. cando case estea todo listo engadimos os guisantes, e o sal. Retiramos do lume , escoamos o aceite e reservamos .
  • Batemos os ovos e mesturamos coas patacas. Aquí engadimos o toque de tabasco ao gusto.
  • Facemos a tortilla coma sempre, dourando ben polos dous lados e procurando que non quede seca.

E pensamos na comida de campo ou de praia que imos facer en canto isto remate.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *